As redeiras de Ribeira, homenaxeadas no Día Internacional da Muller no Sector do Mar

16 Maio 2025

O Concello de Ribeira celebrou este 16 de maio un acto de homenaxe ás redeiras do municipio, no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller no Sector do Mar. A iniciativa quixo recoñecer o papel esencial destas mulleres na identidade mariñeira da localidade, así como reivindicar a dignidade, visibilidade e igualdade no seu ámbito profesional. O acto celebrouse na Sala Museo Municipal de Ribeira e tamén estiveron presentes acompañando ás redeiras, o rexedor, Luís Pérez xunto cos tenentes de alcalde e varias edís da Corporación Municipal.

A distinción comezou coas palabras do concelleiro de Mar, Fernando Abraldes sinalando que, “no ano anterior homenaxeouse ás mariscadoras e
este ano decidimos render tributo ás redeiras porque son vitais e esenciais para un sector coma o do cerco; estas nove redeiras traballan tanto na nave, no peirao coma no mesmo barco”. O concelleiro mostrouse satisfeito por poñer en valor e visibilizar “este oficio tan mariñeiro”.

O alcalde de Ribeira destacou que este era “un día de alegría e de xustiza porque Ribeira rende homenaxe a unhas mulleres que foron e son parte fundamental da nosa identidade mariñeira”. No seu discurso, puxo en valor o traballo das redeiras, cualificándoo como “un acto de cariño ao mar” que vai máis alá do labor físico: “Non só traballades coas mans; traballades coa alma”.

O rexedor lembrou que, durante moito tempo, o traballo das redeiras foi invisibilizado, como acontece tantas veces co labor das mulleres. Por iso,
subliñou que “sen vós, o mar non pesca. Sen vós, non hai faena completa. Sen vós, non se entende a Galiza que vive do mar”.

O alcalde tamén lembrou que “a igualdade non é unha data, senón un camiño que se percorre todos os días”. Neste senso, expresou o compromiso do Concello para seguir traballando en prol dunha maior visibilidade e recoñecemento do traballo en xeral das mulleres e tamén nas do sector marítimo como as redeiras, así como para garantir que dispoñan de instalacións dignas e sen deficiencias.

A homenaxe converteuse así nun acto de recoñecemento, pero tamén de compromiso institucional e social coa igualdade no sector do mar, destacando o exemplo, a loita e a dignidade das mulleres que sosteñen, día a día, a tradición mariñeira de Ribeira.

As homenaxeadas foron: Alicia Dios, Berta Paz, Montes Reiriz, Pacucha Crujeiras, Clara Muñiz, Pacucha Ferreiro, Sonia Olveira, Sonia Martínez e Manolita Vázquez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.