A Pobra organiza seis rutas ás Illas Atlánticas este verán, incluída unha visita Starlight a Sálvora

12 Maio 2025

O Concello da Pobra volverá ofrecer este verán visitas organizadas ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, nunha iniciativa presentada pola concelleira de Turismo, Estefanía Ramos. A edila puxo en valor a riqueza natural do entorno afirmando que «non é preciso ir moi lonxe para atopar lugares de gran riqueza».

C.P.

O programa inclúe seis rutas repartidas entre os arquipélagos de Cíes, Ons e Sálvora. As datas previstas son: Cíes (29 de xuño e 7 de setembro), Ons (27 de xullo e 10 de agosto) e Sálvora (20 de xullo e 23 de agosto).

A última das visitas a Sálvora, o 23 de agosto, destaca pola súa proposta nocturna. A saída inclúe unha observación astronómica grazas á condición de destino Starlight da illa, con regreso previsto ás 00:30 horas. Durante a actividade, os participantes poderán gozar das estrelas guiados por unha persoa especializada en astronomía.

As rutas diúrnas inclúen o traslado en barco e unha visita guiada polos distintos espazos das illas. Para participar, é necesario reservar a través do teléfono 986 320 048 ou da web da navieira Piratas de Nabia.

Durante a presentación, a directora da navieira, María Jesús Acuña, animou a reservar con antelación, xa que “as prazas adóitanse esgotar con rapidez”. Con esta iniciativa, o Concello da Pobra aposta por un turismo sustentable e de calidade, promovendo o coñecemento e goce dos espazos naturais máis emblemáticos de Galicia.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.