A Pobra estrea a curtametraxe “Adeus, Berta” dentro do Maio das Letras e “Xoga ao Baile Deportivo” achega ritmos á mocidade

20 Maio 2025

A Pobra do Caramiñal vivirá este venres, 23 de maio, un dos actos centrais do Maio das Letras coa estrea da curtametraxe Adeus, Berta, unha peza dirixida por Fernando Tato e rodada no propio municipio.

A cita será ás 19.30 horas no Cine Elma, e incluirá non só a proxección do filme, senón tamén unha charla-faladoiro co director e parte do equipo de produción, así como un cóctel, sesión de DJ e photocall.

Durante a presentación, a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, destacou que se trata dunha “oportunidade única para gozar dunha obra ambientada no noso municipio” e animou á veciñanza a asistir. Adeus, Berta narra a historia de Alicia, que regresa á casa dos seus pais na Pobra, onde se reencontra coa súa irmá Berta, recentemente saída dun centro de rehabilitación. O filme explora a reconstrución da relación entre ambas nun entorno cargado de emocións e lugares recoñecibles para a poboación local.

A entrada será de balde ata completar aforo.

“Xoga ao Baile Deportivo” achega ritmos á mocidade da Pobra

Tamén esta semana terá lugar Xoga ao Baile Deportivo, un programa impulsado polo Taller Alecrín en colaboración coa Concellería de Cultura e dirixido ao alumnado do CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras.

A actividade desenvolverase entre os días 21 e 23 de maio, en horario de 12.00 a 14.00 horas, e permitirá ao alumnado coñecer e practicar distintos estilos de baile deportivo, como o valse inglés, o valse vienés, a rumba e o chachachá. A iniciativa culminará cunha competición final na que os estudantes demostrarán o aprendido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.