A patronal de Ribeira reclama máis celeridade nos proxectos do novo polígono e o centro de saúde e reelixe a Francisco Martínez Gude como presidente

23 Maio 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira celebrou este mércores 21 de maio, no local da patronal na rúa Rosalía de Castro, a súa asemblea xeral, que constou de diferentes puntos do día entre eles a rendición de contas, e a elección de novo presidente. No transcurso da xuntanza procedeuse á lectura da acta anterior, á rendición de contas, ao balance do estado da asociación e á quenda de rogos e preguntas. Despois de ser aprobadas por unanimidade as contas pasouse ao capítulo de rogos e preguntas no desenvolvemento das cales os asistentes preguntaron por diferentes temas de vital importancia para a entidade e o concello, tales como o desenvolvemento da tramitación do novo polígono, o impulso da variante ou a obtención de terreos para o novo centro de saúde.

Responderon membros da directiva a estas preguntas e o presidente sinalou que “neste momento os trámites para o desenvolvemento do polígono están en suspenso por parte do Concello”, pois aínda neste momento están sen realizarse a compra de dúas parcelas que son condición necesaria para a consecución da totalidade dos terreos en propiedade do Concello para pasar á seguinte fase de licitación das obras.

No que se refire á variante referiuse que “o Concello fixo saber hai uns meses que daría o informe sobre esta vía nunha ou dúas semanas e xa pasado mes e medio aínda hoxe nada nos dixo nin a nós que lle insistimos, nin á cidadanía”, sinalou o presidente da patronal.

Con respecto aos terreos para o novo centro de saúde, a directiva comunicou que “o alcalde transmitiunos que teñen varias localizacións pero sen determinar exactamente cales, malia que se lle insistiu que a localización sexa céntrica, para facilitar o desprazamento dos usuarios, sobre todo os de maior idade, á mesma”.

Amais, comunicouse aos socios que “se espera a contestación do alcalde en relación á petición dunha explicación da perda de diñeiro de fondos europeos que en parte importante estaban destinados á asociación, así como da realización da campaña dos bonos comercio que comprometeu publicamente realizar e da que nada sabemos”.

Logo destas explicacións e respondidas outras preguntas, procedeuse á asemblea propiamente convocada para a elección de presidente, resultando elixido por unanimidade a candidatura de Francisco Martínez Gude, actual presidente, que agradeceu a confianza nel depositada, así como “a importante asistencia de socios a esta asemblea”, e pediu aos asistentes acheguen ideas para que non só a asociación “marche ben e se consigan logros para as industrias e o comercio, senón tamén”, insistiu, “ para toda a sociedade”.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.