A Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño celebra esta “finde” o seu 35 aniversario

02 Maio 2025

Esta fin de semana, o sábado 3 e o domingo 4 de maio, a Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño (Dodro) celebra o seu 35 aniversario. Farao cunha completa axenda de actividades que arrinca o sábado cunha misa solemne na honra da Nosa Señora de Santa Cruz o sábado ás 12h e con unha sesión vermú no local social do Montiño a partir das 13h coa actuación da Foliada do Montiño.

O domingo 4 de maio ás 11:30h no mesmo local social haberá unha charla e mesa redonda coa participación dos membros das primeiras directivas desta asociación.

A Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño foi fundada no ano 1990 por un grupo de veciños da dita parroquia do concello de Dodro, que sentiron a necesidade de crear unha entidade a través da que poder canalizar as súas inquietudes e defender os seu dereitos coma colectivo.

A creación da Asociación había de servir coma elemento dinamizador da vida en comunidade e tamén sería o canal de comunicación que fixese chegar as demandas dos veciños ante as distintas administracións públicas: locais, autonómica e estatais.

Esta asociación foi a primeira creada e actualmente é a única existente no concello de Dodro. Na actualidade organiza as seguintes actividades: clases de música e baile tradicional, clases de inglés, clases de informática, festivais de Entroido, actos do Día das Letras Galegas, Festival Folclórico, charlas informativas de diferentes temáticas, reunións da xunta directiva, asembleas de socios etc.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.