A área de Turismo da Pobra organiza unha nova ruta guiada polo río das Pedras

14 Maio 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da súa área de Turismo, organiza por cuarto ano consecutivo unha ruta turística guiada pola contorna do río das Pedras, un espazo de grande riqueza natural, histórica e cultural. A iniciativa, segundo destacou a concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, ten como obxectivo “poñer en valor un dos principais atractivos paisaxísticos do municipio”.

A actividade desenvolverase este sábado, 17 de maio, e incluirá un percorrido a pé de aproximadamente dous quilómetros, cunha duración estimada de tres horas. A dificultade da ruta é media-alta, polo que está recomendada para persoas maiores de 12 anos.

Ao remate do itinerario, os participantes serán trasladados en autobús ata o miradoiro de Valle-Inclán, situado na montaña da Curota, desde onde poderán desfrutar dunha das panorámicas máis emblemáticas da comarca.

O punto de encontro será o aparcadoiro fronte á oficina de turismo, ás 10:00 horas, desde onde partirá un autobús ata o inicio da ruta.

A actividade ten un custo de 15 euros por persoa e conta con prazas limitadas, polo que é necesaria inscrición previa. As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente na oficina de turismo – Casa Mariñeira (no parque do Castelo), ou ben a través do correo electrónico turismo@apobra.gal ou dos teléfonos 671 090 262 e 687 482 835. O prazo de inscrición remata ás 13:00 horas do venres, 16 de maio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.