“Un paseo de follas de castiñeiros de máis de 200 anos: Catasós” – Antón Luaces

30 Abril 2025

A escritora galega dona Emilia Pardo Bazán escribiu boa parte da súa obra Los pazos de Ulloa nos soutos de Cardiego e de Quiroga, unha verdadeira fiestra aberta á riqueza histórica e botánica ás que a fraga de Catasós aporta igrexas, muíños, carreiros, camiños e rutas que conforman unha arquitectura popular recoñecida coma un Monumento Natural de pouco máis de catro hectáreas no noroeste da provincia de Pontevedra, na terra do cocido, Lalín.

Patrimonio público, neste territorio que é un  dos bosques autóctonos máis excepcionais de Galicia abrochan na súa masa arbórea exemplares de castiñeiros de máis de 200 anos de vida que acadan alturas superiores aos 30 metros (o que os converte nos máis altos de Europa) e máis de 5 metros de contorna. O problema -sempre hai algún para a sobrevivencia deste tipo de entornos- radica na conservación. Neste caso concreto, Catasós ten unha especie de sentencia, que pode ser de morte, debida á corta indiscriminada de árbores na contorna do Monumento Natural “As Fragas de Catasós”, para a construción da liña de alta tensión O Irixo-Lalín.  

 Son árbores que descenden, moitos deles, dos que serviron coma vigas dos pazos destas terras do Deza. Outros foron plantados no século XIX no pazo da familia Quiroga

(de aquí o nome co que se coñece: “Carballeira de Quiroga”) emparentados coa familia Pardo Bazán. Actualmente forma parte dun dos monumentos naturais galegos e ven ser unha das mellores mostras do bosque caducifolio atlántico de Galicia, con diferentes especies de amieiros, freixos, acivros, loureiros, sobreiras e bidueiras que conviven con carballos e castiñeiros.   

O lugar fora abandonado pola chegada dos árabes ata o século XII, cando se di que lle apareceu a virxe a uns pastores da zona,

O santuario da Nosa Señora do Corpiño, segundo unha lenda do século VIII foi acubillo dun eremita cuxa vida  era un exemplo para todos os habitantes. Ata tal punto foi así, que cando finou o ermitán a veciñanza acordou construír unha edificación para o seu corpo. Esta edificación pasou de ser unha capela a un santuario cuxos devotos atribúen  á santa propiedades curativas de doenzas físicas e mentais. A fraga forma parte do catálogo de Árbores Senlleiras da comunidade galega. 

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.