Teatro Carauta pon o colofón á I Mostra de Teatro Amador de Outes con “Moito ruído e poucas noces”

10 Abril 2025

Este 12 de abril imos ter unha nova función enmarcada na primeira Mostra de Teatro Amador Nicolasa Añón, organizada pola Asociación Terra de Outes en colaboración coa Área de Cultura do Concello de Outes. Trátase da función Moito ruído e poucas noces, a cargo de Teatro Carauta. A cita será este sábado na Casa da Cultura de Outes, ás 20.00 horas. Trátase da última das funcións da primeira edición da mostra. Dende o Concello salientan que “considerando o éxito de público que tiveron as sesións enmarcadas nesta convocatoria da Mostra, agardamos repetir o ano vindeiro”.

Moito ruído e poucas noces é unha versión da obra do mesmo título de William Shakespeare, artellada polo Grupo Carauta Teatro (San Pedro, Santiago) e dirixida por Xurxo Barcala.

Nesta obra relátase como, tras anos de dura competencia no mercado, as corporacións de Solorzabal International e Navia Operaciones comezan un proceso de fusión empresarial. Durante o proceso de negociación, Claudia e Hipólito, fillos dos máximos accionistas, inician unha relación que rematará en voda. Unha vez na celebración do casamento, un evento de máximo nivel, comezarán a aparecer pequenos problemas do pasado que poñerán en perigo a realización do mesmo.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.