Rianxo detén a perda de poboación

18 Abril 2025

Rianxo atópase entre os concellos galegos que foi quen de deter o devalo demográfico, tal e como se desprende dos datos recentes publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), onde se indica que o concello rexistrou unha habitante máis que na mesma data do ano pasado, é dicir, 10.749 veciños e veciñas.

“Se ben non se produce un importante aumento na poboación, trátase dun dato absolutamente extraordinario xa que, por primeira vez en 15 anos, Rianxo non perdeu poboación dun ano para o outro”, destacou Julián Bustelo, engadindo que “esta información que vimos de coñecer supón un punto de inflexión xa que víñamos perdendo de media máis de 50 habitantes por ano e neste 2025, por vez primeira dende o 2010, temos un dato mellor que o ano anterior”.

Bustelo engadiu que “seguiremos traballando para consolidar esta tendencia positiva, creando novos servizos e mellorando os existentes para reter e atraer poboación ao noso municipio”.

Outros artigos

Boiro acomete obras de pavimentado nolugar de Cubeliños

O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos. A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de...

+

A viaxe de Verne cobra vida no Museo do Gravado de Artes

O Museo do Gravado de Artes inaugura unha nova exposición dedicada a Jules Verne. Viaxe ao centro da terra, da man das ilustracións de Ignacio Hernández Suñer, coñecido como Íñigo. A mostra, que poderá visitarse ata principios de agosto, forma parte da...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.