Os gardacostas comisaron 1.930 cacharros e preto de 350 quilos de polbo nos dez primeiros días de parada biolóxica e veda do cefalópodo

12 Abril 2025

A Consellería do Mar acordou en marzo co sector unha parada biolóxica en abril e unha veda de polbo durante dous meses. Neste período, o Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente, xa comisou 1.290 cacharros e preto de 350 quilos de polbo (347,25). Concretamente, a incautacións producíronse na enseada e pantaláns de Cariño, na zona de Arousa Norte e nas rías de Muros-Noia, A Coruña e de Vigo, así como na praia de Arnela e o porto de Caión.

Trátase do seguimento que este ente autonómico realiza de xeito periódico, coa finalidade “de frear a captura de especies ilegais, ben sexa por non cumprir coa talla regulamentaria, por proceder da extracción irregular ou porque o seu transporte non cumpre os requisitos de documentación ou conservación”.

A parada biolóxica e a veda son medidas técnicas que recolle o plan do polbo, co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación sostíbel deste recurso pesqueiro. Así, neste período, queda expresamente prohibida a captura deste cefalópodo, por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo, xa sexan interiores ou exteriores. Polo tanto especifícase que “as embarcacións dedicadas á súa captura con nasas deberán retiralas do seu calamento e levalas a porto, cousa que tamén é aplicábel á pesca marítima de recreo e á pesca con calquera outra arte distinta da nasa para polbo”.

Unha das novidades respecto ao último plan é que a paralización da actividade extractiva no mes de abril contará con apoio económico ao sector afectado ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) que ampara a posibilidade de habilitar estas axudas á paralización temporal para aplicar medidas de conservación como os períodos de descanso biolóxicos dos recursos aparece recollida no regulamento deste fondo. Realízase para favorecer as condicións de vida e traballo das persoas que se dedican a esta actividade e para impulsar o desenvolvemento da actividade de xeito sustentábel.

Outros comisos

En canto ás incautacións doutras especies destacan, principalmente, 116,25 quilos de centola na zona da Ría de Arousa; 81,5 quilos de choco nas rías de Vigo, Aurosa e de Ares-Betanzos e na zona de Cariño; 64,5 quilos de centola nas rías de Arousa e de Ares, e na zona costa de Cedeira; 53 quilos de robaliza, 21 quilos de raia mosaica e 20 de rodaballo na costa de Cedeira; e 18 quilos de lubrigante no porto de Mugardos, na ría de Arousa e Ares-Betanzos.

Asemade, en canto a aparellos de pesca, comisáronse unha embarcación tipo planeadora de 6 metros de eslora e 1 motor fóraborda, no porto de Rianxo; 83 pezas de trasmallos, nas rías de Vigo e de Arousa, en Sada e en Cariño; 49 nasas nas rías de Arousa, A Coruña e Muros-Noia, e nas zonas de Caión, Camelle e Cedeira; e 9.360 metros de miños, de palangrillo e de palangre de fondo, en Cedeira, entre outros.

O total de comisos deu lugar a un total de 26 presuntas infraccións. Polo que respecta, ás especies incautadas todas foron devoltas ao mar.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...