Os empresarios de Ribeira entregan o premio da Campaña do Pai: 1.000 euros para gastar nos establecementos locais participantes

19 Abril 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira entregou este sábado 19 de abril o premio da nova edición (2025) da súa Campaña do Día de Pai: 1000 euros para ser investidos nos locais participantes na iniciativa, arredor de medio cento. A persoa agraciada foi María de los Ángeles Davila Ouviña, que acudiu na compaña do seu marido a facer efectivo o vale de compra en diferentes establecementos adheridos á campaña, entre eles: Deportes Estévez, Deportes Attlet, Pillados, Peluquería Alba, Joyería Nespereira, A Poutada, Sport Bike, Autos Dunas, Restaurante Tio Pepe…

O importe máximo que podía gastar en cada establecemento eran 150€ e tiña que facer gasto como mínimo nun establecemento de comercio, salón de peiteados, hostalería.

Na entrega do cheque de 1000 euros estiveron presentes o presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez Gude, e máis o concelleiro de Mercados, Vicente Mariño de Bricio.

A Campaña do Día do Pai da patronal de Ribeira foi dirixida a impulsar as compras locais neste tempada ao tempo que recompensou novamente a fidelidade da veciñanza cos establecementos de proximidade do termo municipal.

Desenvolverase entre o xoves 6 de marzo e o19 de marzo e os clientes, para participar, tiveron que subir os seus tíckets á páxina web da patronal.

O sorteo foi destinado a tódolos clientes que mercasen e consumisen nos establecementos asociados adheridos á campaña. O obxectivo fundamental é “incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e hostalería de Ribeira”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...