Os empresarios de Ribeira, críticos co Concello en relación ao proxecto do novo polígono

30 Abril 2025

Este martes 29 de abril celebrouse no local da Asociación de Empresarios de Ribeira unha asemblea informativa aberta ao público en xeral e en especial para os empresarios interesados na obtención de terreos no novo polígono. Na xuntanza deuse conta do estado dos trámites a día de hoxe para o comezo da obra “tan desexada como necesaria”, en palabras da directiva da patronal con motivo dunha reunión, que, segundo engadiron, non contou coa presenza do alcalde e dos demais compañeiros do Goberno local por ter aprazado para o martes a sesión plenaria do día previo (por mor da apagada eléctrica). “Isto”, sinalaron, “privou aos asistentes de escoitar por boca do máximo representante as explicacións que lles interesan, furtándonos así toda clase de explicacións que en verdade cremos que son necesarias”, lamentáronse, engadindo que “nos tería gustado que por boca do Concello soubesen os asistentes como están as negociacións para a compra das dúas parcelas que impiden pasar a seguinte fase”.

No transcurso da reunión deuse conta por parte do presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, do estado da dita negociación, recalcando que “xa desde xaneiro e pola nosa mediación, poñendo de acordo ás partes, propietarios e Concello, en prezo de venda e adquisición”. Porén laiáronse de que “aínda a día de hoxe non estea solucionado este trámite, motivo polo que lamentamos a ausencia do alcalde”. Esta demora, apuntaron, “é relevante nos tempos de execución da obra, xa que ao non dispoñer dos terreos en propiedade e debidamente rexistrados non se pode avanzar e pasar a licitar a obra, para logo adxudicar as parcelas e realizar a obra en si ata a súa finalización”. Tamén fixeron saber que “despexado o perigo da realización do macro polígono entre os Concellos de Pobra e Ribeira por ser inviábel de realizalo nos terreos escollidos, cremos que é o momento de dedicar todo o esforzo para ver dunha vez por todas que o noso empeza a andar cara a súa total finalización”.

Na reunión os participantes afondaron tamén na cuestión da variante, “tan necesaria ao noso entender” e neste punto os convocantes lamentaron, nas súa palabras, “a demora do señor alcalde en facer público o estudo sobre outro trazado alternativo que non da saído á luz pese ao moito tempo transcorrido”. Así mesmo, lembraron, “faltounos a información sobre os posíbeis terreos a poñer ao dispor do SERGAS para a obra do novo centro de saúde”. Por todos estes motivos, mostraron a súa inquietude polo proceder “do noso Concello co polígono”, xa que “vemos unha actitude de deixamento constante, de dicir que si é do seu total interese e logo de non facer nada, como exemplo a nosa solicitude notificada desde hai dous anos de que se redacte o prego de condicións para a obtención de parcelas, e aínda non temos contestación”.

E concluíron: “Vémonos imposibilitados de realizar outras accións por non contar cun empuxe máis decidido do Concello cara a esta obra de vital importancia para a nosa cidade, non é polos empresarios e os seus negocios, que tamén, é pola poboación enteira, o polígono traerá empresas, postos de traballo, necesidade de pisos para os novos traballadores, negocio para a nosa hostalería, comercios e demais beneficios que non fai falta apuntar”.

Outros artigos

Venres 23, con sol e temperaturas en ascenso

 Este venres teremos ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas non terán cambios significativos. sendo altas (13/26 graos). Os ventos soprarán do nordés, moderados na costa e máis frouxos no interior. meteogalicia O noso ma: Vento do norte á mañá e á noite e...

+

Padrón fártase do lixo do mercado dominical

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou este xoves 22 de maio a intención do Goberno local de someter á consideración do pleno a actualización da taxa por ocupación da vía pública. “Padrón non pode seguir tolerando o abandono de lixo na vía pública por parte de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.