O PSOE expulsa definitivamente ao edil tránsfuga de Outes

01 Abril 2025

A Comisión Executiva Federal do PSOE resolveu este martes a expulsión definitiva de José Antonio Caamaño, edil de Outes, tras apoiar unha moción de censura no seu Concello sen autorización da organización. A decisión, asinada polo secretario de organización Santos Cerdán León, conclúe que as alegacións presentadas por Caamaño non desvirtúan os feitos nin contradín a súa autoría.

Segundo o informe do instrutor, as alegacións foron consideradas “innecesarias e impertinentes”, destinadas a dilatar o proceso sen achegar probas determinantes. Ademais, o documento detalla que o edil foi notificado en múltiples ocasións da apertura do expediente, tanto por burofax como por correo electrónico, polo que se descarta a súa alegación de indefensión.

Contra esta resolución, Caamaño poderá presentar recurso ante a Comisión Federal de Ética e Garantías do PSOE no prazo de dez días hábiles.

Bernardo Fernández Piñeiro, secretario xeral do PSdeG Provincial da Coruña, subliñou que a decisión de Caamaño de apoiar a moción de censura do PP foi tomada sen consulta nin aprobación das instancias superiores do partido, nin da agrupación local. “Por todo isto, é un tránsfuga e resulta lóxica e normal a súa expulsión do Partido Socialista”, afirmou Fernández Piñeiro.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.