O PSdG celebra a transferencia do litoral e advirte que “o autogoberno exércese con responsabilidade”

09 Abril 2025

O PSdeG celebra que este 9 de abril se faga efectiva a transferencia das competencias de ordenación e xestión do litoral a Galicia, “un paso importante no camiño do autogoberno e do recoñecemento das capacidades da nosa comunidade para decidir sobre os seus recursos”, sinalaron, engadindo que “queremos agradecer expresamente a presenza do ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, nun acto que simboliza a vontade do Goberno de España de avanzar na descentralización e na colaboración institucional”.

Dende o PSdeG “sempre defendemos un autogoberno útil, rigoroso e ao servizo do ben común. Por iso consideramos positivo que Galicia gañe capacidade de decisión, mais tamén advertimos que estaremos vixiantes para que esta competencia se exerza con responsabilidade e sen intereses partidistas.

Dende o PSdeG sinalan o feito de que “esta transferencia podería terse conseguido hai tempo se o PP optase por solicitar a competencia polos cauces existentes, en lugar de recorrer á confrontación permanente”. Cabe lembrar que durante o Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño (2005-2009) formalizáronse ata 12 traspasos de competencias, “fronte á pasividade amosada polo PP, que só pediu esta”.

Outros artigos

Venres de transición nas Rías Baixas e Compostela

Ceo presentará nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol e nubes de evolución Galicia encara este venres 8, San Caetano, baixo unha atmosfera pouco definida que deixará sentir os seus contrastes máis acusados no eixe que conecta a capital galega coa liña...

+

A Regata Rías Baixas fará escala na Pobra o vindeiro 14 de agosto

A Pobra do Caramiñal acolleu este xoves a presentación da etapa da Regata Rías Baixas, que terá como destino a vila o vindeiro venres 14 de agosto, procedente de Portonovo. Trátase dunha das citas máis destacadas do calendario náutico galego, que reunirá na localidade...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.