O encontro Fálame Sempre (Pecha Kucha Boiro) celebra a súa 11ª edición promovendo a creatividade como motor empresarial

02 Abril 2025

O vindeiro xoves 10 de abril ás 20.30 horas celebrarase unha nova edición de Fálame Sempre, o encontro anual organizado pola patronal de empresas de Boiro (ABE) e no que colabora o Concello, sendo o seu obxectivo “explorar a creatividade como ferramenta de innovación e crecemento empresarial”. O evento, que chega xa á súa 11ª edición, seguirá o dinámico formato Pecha Kucha, no que cada participante disporá de menos de sete minutos para compartir a súa experiencia e ideas.

A sesión desenvolverase no salón de actos da asociación, cunha capacidade para 100 persoas, e culminará cun pequeno aperitivo para fomentar o networking entre asistentes e participantes.

Empresas participantes

Nesta edición, contaremos coa presenza de cinco proxectos que compartirán o seu enfoque sobre a creatividade e a innovación nos seus respectivos sectores:

· Xoán Silva – A Goleta. Nacido e criado no mar en Rianxo, Xoan Silva fixo do mar a súa vida. Desde pequeno aprendeu a navegar seguindo o vento que empuxaba a dorna do seu avó. Traballou en bateas, cultivando mexillóns, e tamén creando experiencias mariñas para visitantes. Hai catro anos decidiu apostar polo seu propio proxecto, combinando navegación e formación en actividades mariñas. Ademais, é condutor de camións e participou nas dúas últimas edicións do Rally Dakar, experiencia que lle permitiu levar o seu espírito aventureiro máis aló do mar.

· Yoli Suárez – Profesional da produción audiovisual, actualmente traballa como axudante de produción no programa de TVE La Revuelta. Con ampla experiencia no sector cultural, especialízase na organización de eventos, xestión de proxectos audiovisuais e coordinación de equipos creativos.

· Luisa Bravo – LB Equipo Estético. Un equipo de profesionais da estética avanzada que aposta pola innovación en técnicas de coidado persoal e benestar. A súa filosofía baséase en tratamentos personalizados e tecnoloxía de vangarda para ofrecer resultados adaptados a cada cliente.

· Eva Guzmán / Fernando Rodríguez – O Secadeiro. Restaurante situado en Outes, especializado en gastronomía tradicional galega con toques de innovación. A súa proposta céntrase en produtos de proximidade, potenciando os sabores autóctonos e reinterpretando receitas clásicas con técnicas actuais.

· Antón Fonseca – Terras Gauda. Unha das adegas máis recoñecidas de Galicia, pioneira en innovación vitivinícola e desenvolvemento de novos produtos. A súa aposta pola investigación e o uso de técnicas avanzadas de viticultura permitiulle posicionarse como un referente no sector a nivel internacional.

Un evento consolidado no ecosistema empresarial

A ABE lembra que ao longo das súas dez edicións anteriores Fálame Sempre “converteuse nun referente para profesionais e emprendedores xa que o seu formato áxil e inspirador facilita a conexión entre diferentes sectores e fomenta o intercambio de ideas”.

A asistencia ao evento é de balde ata completar aforo. Para máis información e inscricións, pódese contactar coa organización a través do correo info@abe.gal.

Participantes na anterior edición do Fálame Sempre

Outros artigos

17 de maio: “Os libros das nosas Letras”

«MORGANA EN ESMELLE» Begoña Caamaño. Editorial Galaxia. 19, 50 Ive incluído Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.