O Concello de Boiro recibe da Deputación unha subvención para a limpeza de praias en 2025

02 Abril 2025

O Concello de Boiro recibiu da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 26.622,40 euros para a limpeza de praias 2025. O importe desta subvención vaise destinar á contratación de persoal para a retirada de lixo e o acondicionamento manual dos areais do municipio durante a época estival.

O obxectivo desta liña de subvencións que convoca a Deputación da Coruña é ·o apoio aos Concellos nos gastos da contratación dos servizos de limpeza e acondicionamento das praias, fomentando a promoción do emprego durante a tempada de verán·.

Boiro conta cun importante número de areais de que suman unha gran extensión en metros cadrados e que, durante a época estival se enchen de bañistas. Mediante esta subvención vaise reforzar o servizo de limpeza de praias mediante a recollida manual de residuos nos areais maior afluencia como son Barraña, Barraña-Saltiño, Carragueiros, Mañóns, Retorta, Ladeira do Chazo e outros pequenos areais como a praia de Rebordelo, Esteiro, Gaboteira, Piñeirón…

O Concello de Boiro está xa a actuar na posta a punto dos areais coa limpeza mecánica para retirar a capa de residuo depositada na superficie areosa a consecuencia das mareas e temporais do inverno, aplanando a superficie e deixándoa limpa de residuos traídos polo mar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.