O Concello de Boiro presenta o vindeiro venres os resultados do proxecto de difusión do patrimonio cultural “O que nos conta o mar de Arousa”

04 Abril 2025

O Concello de Boiro presentará o vindeiro venres 11 de abril ás 20.00 horas no Pazo de Goiáns os resultados do proxecto O que nos conta o mar de Arousa, unha iniciativa mediante a que se recolleu información con persoas vinculadas ao mar e ao territorio e que deu como resultado a realización de catro contos ilustrados destinados a público infantil.

Este proxecto desenvolveuse en varias partes, por un lado a recompilación de información de persoas vinculadas ao mar e ao territorio para o deseño das personaxes que dan identidade aos contos; a segunda parte foi a elaboración das catro obras literarias que teñen distintas temáticas como o cambio climático, a contaminación mariña, sobrexploación do medio mariño e pesca selectiva e responsábel.

Este traballo deu como resultado a publicación de catro obras para a súa divulgación en colexios e bibliotecas para a súa difusión acompañadas de materiais didácticos para poder traballar sobre elas; unha iniciativa contribúe a recuperar o patrimonio cultural e a talasonimia propia da ría de Arousa e a difundilos entre as novas xeracións

Este proxecto desenvolveuse mediante unha subvención da Consellería do Mar para proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local e participativo EDLP, aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura 2021-2027 dun importe de 44.668,90 euros.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.