O BNG urxe á Xunta “accións eficaces para evitar novos vertidos na Ribeiriña”

01 Abril 2025

A deputada do BNG Rosana Pérez preguntou na Comisión de Pesca do Parlamento polos vertidos que o pasado mes de xaneiro deixaron unha mancha de hidrocarburos no litoral da zona da Ribeiriña e que provocou a activación do  Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (CAMGAL) de contaminación mariña en fase de alerta. Pérez reclamou á directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, Covadonga Salgado, respostas sobre a procedencia destes vertidos e sobre as medidas a tomar pola Xunta a partir dos resultados das súas investigacións,  “máis alá de botarlle a culpa a todo o mundo coma un neno pequeno”, sinalou, ao tempo que demandou aclarar os niveis de hidrocarburos permitidos, “despois de que o pasado 21 de marzo a Dirección Xeral de Desenvolvemento Marítimo informase á Confraría da Pobra da suspensión da actividade marisqueira pola elevada presenza dos mesmos na zona”.

Diante desta situación, Pérez asegurou que “é máis necesaria que nunca unha restitución da zona, polo que emprazou á Xunta que colabore coa Administración estatal co vistas á elaboración dun proxecto que contemple a recuperación definitiva da mesma, na que se inclúa a compra e derrube da antiga HADASAa, cuestión que, segundo dixo, “esquivou a responsábel do Goberno galego”. Tamén é preciso para a deputada nacionalista que se leven a cabo “as accións precisas e eficaces para evitar novos vertidos ás praias e ao mar”.

Segundo comentou na súa intervención a deputada do Bloque, “nun primeiro momento a Consellería do Mar atribuíu a procedencia do vertido ao sistema de tubeiras dos depósitos de gasóleo das instalacións da antiga fábrica de fariñas e pescados de HADASA, en estado de abandono dende hai anos, e días máis tarde, a Xunta barallou a posibilidade de que a orixe estivese nos terreos recuperados pola Demarcación de Costas do Estado e ocupados anteriormente pola conserveira La Onza de Oro”. Entroncando con este punto, Pérez sostivo que “a Xunta manifestou ter un informe emitido pola propia Demarcación de Costas onde se recoñece que na execución das obras de rexeneración da zona no seu momento foron atopados dous depósitos de hidrocarburos enterrados e en mal estado, que non foron retirados no seu momento”. Seguindo este fío, a deputada preguntou dende cando tiña a Xunta ese informe, “porque de telo desde hai tempo ninguén entendería que ata o e agora non lle solicitase a Costas a retirada dos depósitos”.

Rosana Pérez lembrou que despois dos primeiros vertidos de xaneiro e “cando a Xunta anunciou que levaría a cabo unha investigación para determinar as súas causas”, volvéronse rexistrar novos casos a finais dese mes.  Pérez dixo que é “moi criticábel” o feito que que a Xunta “a día de hoxe non lle entregase os informes sobre a orixe dos vertidos, tal e como solicitou en febreiro o BNG acolléndose ao artigo 9 do regulamento do Parlamento”. Tamén recordou que ante a elevada presenza de hidrocarburos na zona, o 21 de marzo a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro informou á confraría da Pobra da suspensión da actividade marisqueira. Pérez criticou que a Xunta acompañase o devandito cunha nota de prensa na que responsabilizaba destes feitos a Costas e ao Concello de “abandono de funcións” na vertedura por hidrocarburos: a Costas polas analíticas incompletas e ao Concello polo informe urbanístico en relación coas instalacións de HADASA. “Porén, se a parcela que está provocando os problemas é titularidade de Costas, por que lle seguen pedindo ao Concello responsabilidades?”, preguntou a deputada da Pobra do Caramiñal.

Na súa exposición na Comisión 8ª, Rosana Pérez recordou a actividade industrial na zona da Ribeiriña, onde se asentaron a conserveira La Onza de Oro, pechada en 1988 e, contigua a ela, a fábrica de fariña e peixe HADASA, que rematou a súa actividade en 2003, ambas con repercusións negativas para a veciñanza, que padeceu durante moitos anos fortes cheiros e que viu como se desvalorizaban os terreos ou como a xente fuxía a outras zonas da Pobra ou da comarca.

“É por iso que a as veciñas e veciños viñan reclamando melloras mesmo antes de que cesase a actividade industrial,  que non chegaron ate o ano 2011, cando se desmantelou a vella conserveira e se acondicionou unha ampla zona para o desfrute do público”, sinalou, engadindo que “daquela o Goberno municipal anunciaba unha segunda fase na que Costas incluiría a compra e derrube da antiga nave industrial de HADASA, pero a negociación entre a Administración estatal e os acredores da empresa non deu froitos”.

A continuidade do proxecto de recuperación do borde litoral da Ribeiriña comezado no 2011 foi retomado no ano 2023, malia que HADASA permanece no mesmo sitio “nun avanzado estado de deterioro que mesmo pon en risco o medio ambiente as persoas”, como xa ocorreu, advertiu a deputada da zona.

Outros artigos

Venres 23, con sol e temperaturas en ascenso

 Este venres teremos ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas non terán cambios significativos. sendo altas (13/26 graos). Os ventos soprarán do nordés, moderados na costa e máis frouxos no interior. meteogalicia O noso ma: Vento do norte á mañá e á noite e...

+

Padrón fártase do lixo do mercado dominical

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou este xoves 22 de maio a intención do Goberno local de someter á consideración do pleno a actualización da taxa por ocupación da vía pública. “Padrón non pode seguir tolerando o abandono de lixo na vía pública por parte de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.