O 19 de abril a Ría da Estrela mostra os seus tesouros cunha andaina entre Porto do Son e Noia

09 Abril 2025

A asociación de concellos da ría de Muros e Noia (Ría da Estrela) organiza este mes de abril un percorrido polo Camiño de Santiago da Ría da Estrela, dende a vila de Porto do Son até a de Noia. Será o 19 de abril e o trazado, de 16 quilómetros, terá dificultade baixa polo que será un camiño accesíbel para camiñantes de todas as idades e condicións. A saída está fixada para as 9:30 horas do sábado 19 de abril (Sábado Santo) dende a Capela da Atalaia de Porto do Son. A organización habilitará un autobús gratuíto de regreso ás 13:00 horas dende a Estación de Autobuses de Noia. Quen precise máis información ou formalizar as inscricións poden contactar co teléfono 981 76 75 89 ou a través do correo electrónico osoncamina@gmail.com, indicando nome, apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono. O camiño encádrase no programa turístico Infinitamente Natural do Concello do Son.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...