Na Pobra inauguración este venres da exposición “A vida entre dúas terras” de Karin Kuijpe

02 Abril 2025

A Concellería de Cultura de A Pobra programa para este venres 4 de abril a inauguración da exposición de pinturas titulada “A vida entre dúas terras”, da artista Karin Kuijper. O evento terá lugar na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler ás 20:00 horas e contará coa actuación musical do grupo Barahúnda.

Karin Kuijper, nacida en Utrecht (Países Baixos), é unha pintora autodidacta que vive dende hai anos en Rianxo. Apaixonada pola arte dende a infancia, adícase á pintura de maneira constante dende 2012. Co seu estilo naíf, cheo de cor e fantasía, Kuijper plasma en acrílico escenas dos costumes tanto holandeses como galegos, como romarías, barcos, peixes, xardíns e flores. Ademais, nas súas obras adoita incluir ás súas mascotas, Chula e Bribón.

A artista comezou a expoñer en 2014 e, desde entón, o seu traballo foi gañando recoñecemento. A exposición permanecerá aberta durante todo o mes de abril, de luns a venres, en horario de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...