Muros presenta a IX edición do Duatlón ‘Eleuterio Balayo’ que se celebra este sábado

02 Abril 2025

O Concello de Muros deu a coñecer hoxe a novena edición do duatlón ‘Eleuterio Balayo’, que terá lugar o vindeiro sábado 5 de abril. O evento, consolidado no calendario deportivo galego, será tamén escenario do Campionato Xunta de Galicia Supersprint nas categorías cadete, xuvenil e júnior. Ademais, haberá unha proba popular na modalidade Sprint.

Os horarios das probas serán ás 14:45 e ás 17:00 horas. “Unha proba que sempre ten moi boa acollida e que serve como recoñecemento ao noso veciño Eleuterio Balayo, gran apoio do deporte en Muros”, subliñou a alcaldesa María Lago. Pola súa parte, o concelleiro de Deportes, Damián Torea, destacou a relevancia da competición: “Un ano máis, Muros será a capital do duatlón galego, con máis de 300 persoas inscritas nas dúas modalidades.”

O concello tamén quixo expresar o seu agradecemento a todas as entidades implicadas na organización, como o departamento municipal de Deportes, a Brigada de Obras Municipal, Protección Civil de Muros, GES, Garda Civil e Policía Local.

O duatlón ‘Eleuterio Balayo’ promete ser unha cita deportiva imperdible para todos os amantes do deporte na rexión.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.