Muros celebra o Día do Circo da man de Pistacatro (este sábado no Centro Cultural e Xuvenil)

08 Abril 2025

O auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle este sábado 12 de abril a celebración do Día do Circo con Petit Cabaré de Pistacatro. Será a partir das 18.00 horas, con entradas a un prezo de catro euros. Trátase dunha función recomendada para todos os públicos, de 75 minutos de duración aproximadamente.

O Día do Circo chega a Muros por segundo ano consecutivo da man de Pistacatro, compañía galega galardoada co Premio da Cultura Galega nas Artes Escénicas 2023. Petit Cabaré é unha auténtica festa circense que reúne a artistas excepcionais nun espectáculo vibrante, cheo de maxia, humor e moita enerxía. Nesta ocasión, o evento contará cun mestre de cerimonias de luxo: Antón Coucheiro, recoñecido pallaso e improvisador, que converterá esta celebración nunha experiencia única e irrepetible.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destacou: “O Día do Circo foi un dos espectáculos mellor valorados o ano pasado, e esta edición promete superar todas as expectativas. Será unha oportunidade marabillosa para gozar en familia dunha arte tan especial como o circo.”

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.