María Rivas e Belen do Campo felicitan ao CEIP de Outes polo seu compromiso coa economía circular e o coidado do medio

07 Abril 2025

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a delegada da Xunta, Belén do Campo, visitaron este luns 7 de abril o CEIP de Outes, acompañadas polo alcalde Fran Calo, con vistas a coñecer de primeira man os proxectos que levan a cabo en materia medioambiental, impulsados polo profesorado en colaboración directa (e totalmente participativa) cos 261 alumnos cos que conta o centro educativo.

Belén do Campo destacou o afán de “divulgación e concienciación ambiental desde as aulas” que afianza a este centro como “un referente de boas prácticas educativas” e trasladou os seus parabéns aos rapaces así como a todos os docentes polas numerosas iniciativas que poñen en marcha cada ano, moitas delas recoñecidas con premios importantes como o primeiro Premio Innovagal da Xunta á innovación pedagóxica en 2024, co que a Xunta de Galicia pon en valor o esforzo que fai o centro por desenvolver enfoques didácticos innovadores que melloran a calidade do ensino e aprendizaxe para o alumnado durante os últimos 4 cursos. Ademais, participa nos programas do Club de Ciencias e Meteoescolas do Plan Proxecta.

“Este centro”, sinalou a delegada, “aposta por fomentar o benestar emocional do alumnado e a sostibilidade, e tendo isto en conta, usa unha metodoloxía de aprendizaxe activa e dinámica, centrada no respecto ao medio ambiente de forma transversal”. Por estas e outras razóns, lembrou, foi seleccionado na convocatoria de Centros Referentes do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia, cun proxecto ao redor dos obxectivos de desenvolvemento sostíbel e participa en programas como PINEA da asociación ADISBISMUR (Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros) cun proxecto Interxeracional de contido medioambiental, entre outras moitas iniciativas neste eido.

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, felicitou á comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Outes polo “seu compromiso coa economía circular e o coidado do medio ambiente”, que, segundo lembrou, “valeulle o recoñecemento do Ministerio de Educación como un dos 10 centros educativos máis sustentábeis de España”. 

María Rivas aproveitou para coñecer da man da directiva e da ANPA do centro os distintos programas que vén desenvolvendo nos últimos anos neste ámbito. Así, tivo ocasión de coñecer iniciativas como a renaturalización de patios, a xestión dos residuos nas merendas, as patrullas ambientais ou a horta ecolóxica. María Rivas apuntou que a sustentabilidade “é un obxectivo compartido por este Goberno, que fai do respecto polo medio ambiente un eixo transversal das súas políticas”. Tamén incidiu no feito de que este recoñecemento, o único de Galicia, fóra a parar a Outes, un concello no que o Goberno, a través da Fundación Biodiversidade, está a promover a renaturalización do río Tins e a recuperación para a cidadanía do seu tramo urbano, cun investimento de máis de 850.000 euros. 

Outros artigos

A Regata Rías Baixas fará escala na Pobra o vindeiro 14 de agosto

A Pobra do Caramiñal acolleu este xoves a presentación da etapa da Regata Rías Baixas, que terá como destino a vila o vindeiro venres 14 de agosto, procedente de Portonovo. Trátase dunha das citas máis destacadas do calendario náutico galego, que reunirá na localidade...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.