María Rivas anima a participar en el Rali Berberecho de Noia “cumprindo as normas para o correcto desenvolvemento da proba“

01 Abril 2025

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu este martes 1 de abril a xunta de seguridade na que se ultimou o dispositivo encargado de velar pola seguridade na 39ª edición do Rali Berberecho de Noia. Na mesma, fixo un chamamento a cumprir “as normas e a respectar a sinalización e as indicacións do persoal para que a xente poida gozar deste espectáculo coas máximas garantías de seguridade”.

Na reunión, na que participaron responsábeis da organización da proba (a Escudería Berberecho), así como da Garda Civil, Subsector de Tráfico, Policía Nacional, Xefatura Provincial de Tráfico, Protección Civil, policías locais e representantes da Xunta e dos concellos polos que discorrerá a proba, a subdelegada destacou o esforzo do Goberno para, a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, velar polo correcto desenvolvemento das probas e competicións deportivas que se desenvolven na provincia.

María Rivas incidiu na necesidade de que, tanto os corredores participantes e moi especialmente todo o público que se congregará para presenciar o paso do Ralli polas estradas da provincia, “sexan respectuosos coa sinalización e as indicacións do persoal que se ocupará da seguridade da proba e, no caso dos espectadores, a manterse sempre dentro dos espazos delimitados para eles”.

A subdelegada aproveitou para felicitar á escuadra Berberecho pola organización do evento, un da de máis afluencia do campionato, no que participarán un total de 155 pilotos, entre eles tres con vehículos World Rally Car, homologados para o mundial.

A proba percorrerá os concellos de Noia, Lousame, Brión, Rois, Rianxo e Dodro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.