Lousame reúne a preto de 300 maiores na súa V Xuntanza de Maiores

27 Abril 2025
C.L.

Preto de 300 veciños e veciñas, maiores de sesenta anos, participaron este domingo na V Xuntanza de Maiores do Concello de Lousame, celebrada no restaurante O Trapeiro. Este emotivo encontro contou coa presenza da alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais, quen estivo acompañada por Jacobo Rey, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, así como outros representantes municipais.

Entre os asistentes destacaron membros do equipo de goberno como Silvia Agrafojo, concelleira de Servizos Sociais; Esteban Ares, de Economía; Ramón Martínez, de Obras; Mariel Agrafojo, de Deportes; e José Antonio Ces, de Protección Civil. Tamén participaron os voceiros do PSOE, Juan Prego, e do BNG, Anxo Moledo.

A alcaldesa Teresa Villaverde agradeceu a asistencia dos maiores, subliñando que o evento busca homenaxear a este colectivo e fomentar a convivencia entre os veciños e veciñas do municipio. “Temos un concello moi disperso e esta é unha forma de que teñan un día de convivencia”, afirmou.

O encontro consolidouse como un referente na vida social de Lousame, promovendo a interacción e a conexión entre os seus habitantes máis veteranos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...