Licitada por 1,1 M€ a compra de peixe fresco para os hospitais da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

08 Abril 2025

A Xunta, a través da Consellería de Sanidade, vén de publicar no Portal de Contratos Públicos de Galicia a licitación do subministro de peixe fresco para os hospitais da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza por un importe de 1.196.360 euros.

O valor estimado do contrato, considerando a duración inicial de 24 meses e as posibles prórrogas, de ata 24 meses, supera os 2,6 millóns de euros.

Estes produtos achegan as necesidades de alimentación de pescados frescos destinados a cubrir as características e os requirimentos establecidos no protocolo de dietas existente na área sanitaria, garantindo ademais un subministro permanente nas súas cociñas.

As empresas interesadas nesta licitación teñen de prazo ata o día 6 de maio para presentar as súas ofertas.

O consumo estimado anual deste produto é de 73.500 kg.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.