A sede da Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, acolleu a presentación da IV Challenge Volta ao Barbanza, proba que se disputará esta fin de semana, sábado e domingo 12 e 13 de abril. Os 18 equipos participantes tomarán a saída na praza Castelao de Rianxo este sábado 12 de abril ás 16:30. Á mesma praza volverá os ciclistas logo de completar la 89 km da etapa rianxeira.

O alcalde de Rianxo e presidente da Mancomunidades Barbanza Arousa, Julián Bustelo, destacou a importancia de eventos deportivos coma este para atraer visitantes ao noso territorio, “os cales, despois de coñecer as nosas paisaxes e a nosa gastronomía, se converten nos nosos mellores embaixadores”.
Participaron na presentación representantes do Club Ciclista Barbanza, Juan Carlos Muñiz presidente da Federación Galega de Ciclismo, Xabier Vidal concelleiro de Deportes de Ribeira, Marcos Fajardo, concelleiro de Deportes de Boiro, José Carlos Vidal, alcalde da Pobra do Caramiñal e Julián Bustelo alcalde de Rianxo e presidente da mancomunidade Barbanza Arousa.
A cuarta edición da Challenge Volta ao Barbanza A Orixe celebrarase como dixemos este sábado e este domingo, con Rianxo e Ribeira como saída e meta das dúas etapas previstas. A proba arrincará na localidade rianxeira, a partir das 16.30, cun circuíto de 88,9 quilómetros. Os ciclistas dirixiranse a Boiro para volver ao punto de partida e encarar o treito final, onde agarda por eles o alto de Bexo e a Cruz de Abelán. Ao día seguinte a saída será en Ribeira, ás 10.30 horas. Os ciclistas percorrerán 89,6 quilómetros e rematarán na Pobra, entremedias terán un trazado dobre que inclúe unha subida ao alto de Moldes, na contorna da Curota.
A carreira está patrocinada pola mancomunidade Barbanza Arousa e conta coa colaboración dos concellos de Boiro, A Pobra, Rianxo e Ribeira, ademais do apoio da Deputación e da Federación Galega de Ciclismo.
O ano pasado a vitoria na xeral foi para o valenciano Héctor Cela (equipo Cortizo).




