Comeza a conta atrás para as Festa de San Marcos de Noia, que arrincan o 25 de abril

14 Abril 2025

O Concello de Noia, a través da Concellería de Cultura, e a Asociación Pura Raza Cabalo Galego, compartiu o programa da nova edición das Festas San Marcos, unha das celebracións máis agardadas na nosa contorna e que darán comezo o 25 de abril. Como relataban na presentación Pepe Pérez, concelleiro de Cultura e Xacobo Pérez, presidente asociación Pura Raza Cabalo Galego, a convocatoria 2025 dos festexos contarán “cun programa lúdico e cultural, con concertos, música tradicional, a histórica feira cabalar e de maquinaria agrícola e moitas outras actividades”. O cartaz deste ano foi realizado por Santiago Avilés.

A continuación damos conta do programa punto por punto:

Venres 25. O venres 25 as festas arrincan ás 10.00 horas coas tradicionais bombas de palenque e dianas e alboradas a cargo do grupo Cherumia (Sociedade Liceo Noia). A continuación dará comezo a Feira Cabalar e de Maquinaria Agrícola en San Lázaro, con concursos morfolóxicos, a presentación de exercicios e doma alta (Escola de Cabalos de Pura Raza galega), os Concursos de Andadura (Galega Serrada e Galega Chapeada), o Concurso Premios Especiais e a presentación do cabalo lusitano e de equitación portuguesa. Ao mediodía (ás 12h) celebrarase unha misa solemne e unha procesión en Santa Cristina de Barro, ás 17h será a quenda dos xogos populares para a rapazada do Campo da Feira e ás 21h está prevista a actuación, na rúa do Curro, de La Gramola e Boomers. Ás 21.30 horas haberá verbena na Alameda a cargo de Finisterre e logo da medianoite actuará Disco Móbil CDC.

Sábado 26. O sábado as festas darán comezo ás 10.00 horas coa tirada das bombas de palenque e unha ruada da Banda de Música de Noia, que ofrecerá un concerto na praza da Constitución ás 13h. Pola tarde haberá inchábeis para a rapazada a partir das 17.00 horas na praza do Curro. Ás 18h está previsto un torne de boxeo e kickboxing no Pavillón Agustín Mourís. Ás 22h haberá verbena na Alameda con Panorama City. Ás 23 tamén haberá música no Tapal con Black Cat e a música volverá á Alameda ás 0.30 horas con Chocolate Disco Móbil.

A festa do domingo 27 comezará novamente con bombas de palenque e dianas e alboradas, desta volta a carto do grupo Os Salgueiriños. Ás 11h celebrarase a oitava edición da foliada de San Marcos de grupos tradicionais con Canlebó, Nunca é Tarde, Cherumia, Falcoeira, Jaitas Blue, Club de Pensionistas de Noia, Ébora e Os Salgueiriños. Haberá ruada e actuacións en distintas prazas de Noia. Ás 13h está prevista unha reunión dos grupos de música tradicional galega na Alameda (con actuación) e polo serán, ás 20h, está programado un concerto na praza do Curro a cargo da banda de música tradicional galega Leirabuxo. Ás 20.30h, volverá a verbena a Alameda con New York.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.