As madriñas republicanas do campo de concentración de Rianxo serán obxecto dunha nova homenaxe este sábado 5 de abril

01 Abril 2025

O sábado 5 de abril celébrase en Rianxo en diferentes emprazamentos unha xornada para honrar ás madriñas republicanas que axudaron, tralo estoupido da contenda da Guerra Civil no 1936, aos presos políticos do campo de concentración de Rianxo.

A cita está organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza e o Concello de Rianxo coa colaboración de Nova Escola Galega.

A xornada comezará ás 11.00 horas no dito campo de reclusión onde se inaugurará un monumento ás madriñas. Participarán Carlos Cimadevila, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, Dolores Rodríguez Sende, madriña republicana, Ricardo Cávila, escultor, Soledad Agra, responsábel de Dereitos Civís da Deputación da Coruña, e Julián Bustelo, alcalde de Rianxo.

A xornada proseguirá a partir das 12.00 horas no Auditorio de Rianxo, cun relatorio e cunha mesa redonda (A investigación da memoria histórica con perspectiva de xénero) na que participarán Aurora Marco, Montse Fajardo e María Fernández.

A vertente musical do acto correrá a cargo de Bernal Muíños e o grupo local Barahúnda.

A xornada rematará ás 14.30 horas cun xantar de confraternidade para o que cómpre formalizar a inscrición (avisar ante deste mércores 2 de abril a través da conta de correo crmhbarbanza@gmail.com ou o teléfono 676 919 660).

Como lembraremos, máis de dous milleiros de presos, na súa maior parte asturianos, foron recluídos pola ditadura franquista no campo de concentración de Rianxo, onde malia as moitas adversidades que alí viviron, tiveron o apoio das que se coñecen como “madriñas republicanas”, que lles levaban roupa e comida e lles facían arranxos nas poucas prendas coas que contaban.

O campo de concentración do Castelo, en Rianxo, foi un recinto de reclusos de longa duración. Situado nunha fábrica de salga pertencente á familia Goday, chegou a ter unha capacidade de 2.000 prisioneiros. Operou, polo menos, entre outubro de 1937 e decembro de 1939. O seu lugar ocúpao hoxe unha urbanización.

O antigo campo de concentración franquista de Rianxo

Outros artigos

Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria

O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar osresiduos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.