Ambar organizou unha xornada de ioga polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

02 Abril 2025


Este mércores 2 de abril a Asociación Ambar das persoas con Diversidade Funcional, con sede no Barbanza, organizou unha xornada de ioga impartida por Sara de Onda Yoga Portosín para conmemorar o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.

A sesión de ioga realizouse no Polideportivo de Venecia do Concello da Pobra do Caramiñal. Foi unha xornada aberta e cen por cen participativa, de xeito que todas as persoas que desexaron participar tiveron a oportunidade de facelo.

Foi unha sesión enfocada na respiración e no ioga para a saúde. Na xornada estiveron presentes arredor de 40 persoas, participaron persoas usuarias de Ambar, profesionais da asociación e tamén persoas da comunidade que se inscribiron para participar na actividade en comunidade.

Ao remate da actividade, gran parte do grupo de persoas participantes prolongaron a súa estadía no Pavillón para representar unha X para participar na Campaña da X Solidaria, impulsada pola EAPN Galicia, e que tamén foi celebrada esta mañá na Praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...