Aguiño e Carreira conmemoran este sábado o 80 aniversario do afundimento do “Cartagena”

04 Abril 2025

A Confraría de Pescadores de Aguiño-Carreira, a Asociación de Veciños de Carreira, a Asociación Cultural Francisco Lorenzo Mariño, o Club de Xubilados e veciños da zona organizan unha serie de actividades en recordo do 80 aniversario do afundimento do pesqueiro Cartaxena Nº3.

Remitida

Este sábado 5 de abril, a partir das 17:00 horas, a Casa do mar de Aguiño, acollerá unha xornada de conmemoración para lembrar o 80 aniversario do trágico afundimento do Cartagena Nº3. Un acto que reunirá a expertos e cidadanía para rememorar un dos acontecementos máis importantes da historia marítima da zona.
Ao longo da xornada, diferentes expertos e convidados poñerán en valor os seus coñecementos sobre os naufraxios, o impacto social e emocional que supuxo para a comunidade este desastre e, sobre todo, manterán viva a memoria das vítimas que perderon a vida naquelas augas. O obxetivo é rendir homenaxe a todos os que xa non están e preservar a súa lembranza para as futuras xeracións.

O programa do evento dividirase en tres partes:
Salón de actos da casa do mar de Aguiño: Ás 17:00 horas, varios ponentes como Marcial Mouzo, Fernando Patricio e Xosé Iglesias, compartirán as súas intervencións sobre os feitos acontecidos e a importancia do Cartagena, na historia local. A Asociación de Veciños de Carreira, proxectará o documental que fixeron no 2015, polo 70 aniversario do naufraxio, con testimonios de testigos que viviron aqueles anos.
Peirao de Aguiño: A continuación, terá lugar unha emotiva homenaxe a cargo do Padre Luis, que rendirá tributo ás vítimas do naufraxio. Así como o solemne cántico representado por Segundo “O Patrón”.
Cofradía: A última parte da xornada será na Cofradía, onde Juan José Prol, presentará o mural feito por el e os demais integrantes da organización do evento, en homenaxe ás vítimas; tamén se presentará unha maqueta realizada á man, por Luis Crujeiras, do barco Cartagena, que representa a memoria de todos os mariñeiros perdidos. Como agasaio, Crujeiras, expondrá a maqueta do Xouba. Para rematar, todos os asistentes serán convidados a un pequeno ágape de agradecemento para pechar a xornada de forma distendida e de fraternidade.
Este evento, de gran importancia para a comunidade de Aguiño e Carreira, serve como recordatorio do impacto das traxedias marítimas na vida das persoas, así como da necesidade de preservar a súa memoria para as futuras xeracións.

Outros artigos

Martes 16, brétemas costeiras e nubes e claros

A inestabilidade atmosférica continuará este martes nas Rías Baixas e en Santiago, cunha xornada marcada polas brétemas costeiras e polos intervalos de nubes e claros no interior. As temperaturas non experimentarán cambios significativos ou mesmo rexistrarán un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

Os montes quéimanse por falta de compromiso das diferentes Administracións Públicas. A comezos de cada verán repítese a mesma película, lume e destrución da contorna natural por falta de prevención. A Xunta de Galicia, así como cada un dos Concellos e Mancomunidades...

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...