Accidente de tráfico con dous feridos leves no concello de Boiro

28 Abril 2025

O Parque Provincial de Boiro recibiu aviso este domingo 27 de abril, ás 21:03 horas, informando dun accidente de tráfico con feridos no lugar de Comoxo, no concello de Boiro.

Ao chegar ao lugar ás 21:15 h, os bombeiros comprobaron que o accidente implicaba dous turismos e que a estrada estaba cortada en ambos sentidos. Os dous feridos leves foron atendidos polo persoal sanitario do 061. Tras a evacuación, procedeuse á limpeza da vía, retirando restos de cristais e plásticos, sen ser necesario lavar a estrada.

O servizo finalizou ás 21:48 h. Completou a intervención Tráfico e Garda Civil de Boiro.

Imaxe do Parque Provincial de Bombeiros de Boiro (Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento)

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

Eterno dilema. ¿El fin justifica los medios, si o no? Mi opinión, todo depende del resultado final. Asesino es quien mata a otro. Pero como siempre hay salvedades, si yo matase a quien tú piensas, y puedes pensar en plural, no seria asesino, sino salvador de muchas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.