Os bombeiros dos parques provinciais de Boiro foron alertados ao redor das 18:15 horas dun choque por detrás na avenida de Barraña, no concello de Boiro.
No accidente houbo tres feridos, un deles un neno. O operativo realizou primeiros auxilios ata a chegada dunha ambulancia e despois retiraron os vehículos para abrir ao tráfico.
Tamén colaborou a Policía Local de Boiro, a Garda Civil e o SMPC de Boiro.






