A XXXVIII Marcha Popular do Barbanza celébrase o 1 de maio co apoio do Concello da Pobra

22 Abril 2025

O mes de maio botará a andar na Pobra do Caramiñal coa XXXVIII Marcha Popular do Barbanza no 1 de maio que organizan conxuntamente a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal.

Ao longo de 22 quilómetros, coa saída a pé dende a Curotiña co itinerario que se levará camiñando por distintos sendeiros pasando entro outros lugares por Mosquete e desfrutando das paisaxes da serra ata concluír na
Pobra.

Procederase coa saída ás 10.15 horas dende o aparcamento do recheo e prevese a finalización arredor das 18.30 horas, con parada para o xantar.

Habilitarase servizo de autobús para o traslado das persoas participantes ata o lugar da saída a pé.

“Apoiamos un ano máis a xa tradicional andaina que conxuga paisaxe e exercicio físico”, en palabras do concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, quen destaca a gran aceptación desta cita que no pasado ano contou con máis dun cento de camiñantes na expedición.

Durante todo o percorrido contarase coa colaboración da Protección Civil pobrense. A inscrición é de balde e tramitarase no Departamento dos Deportes, con oficina na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler, en horario de 09.00 a 15.00 horas, ou mediante os teléfonos de contacto 981 831 545 e 619 229 946.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.