A Semana Santa de Noia comeza o venres 11 e incluirá no seu programa un paso infantil

07 Abril 2025

O pasado 4 de abril a Parroquia de San Martiño de Noia compartiu a súa programación da Semana Santa, axenda na que destacan novamente as oito procesións tradicionais desta histórica celebración da vila noiesa. As confrarías das Dores, Nazareno, Resucitado e Terceira Orde Franciscana únense coa parroquia de San Martiño para conformar a programación. O cartel deste ano inclúe unha fotografía de Claudio Álvarez, o noiés gañador do concurso de fotografía organizado con motivo desta celebración.

A principal novidade deste ano será a estrea dun paso infantil no que participará (o Xoves Santo, na Procesión de Carracas) unha ducia de nenos.

O venres 11 de abril polo serán (ás 20h) comeza de xeito oficial a Semana Santa noiesa, coa misa en honra da Virxe das Dores para continuar coa procesión.

O 13 de abril, Domingo de Ramos, será a quenda da bendición de palmas, que se realizará ao mediodía na praza do Tapal, para seguir logo cun desfile liderado por unha borriquita. Na tarde do Domingo de Ramos celebrarase a procesión do Ecce Homo, que partirá de San Francisco e rematará cunha misa pechada co pregón. O dito pregón correrá a cargo de monseñor Julián Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela.

O mércores 16 de abril levarase a cabo pola noite o vía crucis ás 21.30 horas a procesión do Cristo da Misericordia.

O Xoves Santo, 17 de abril, estará protagonizado pola celebración da Cea do Señor e máis pola comitiva das Carracas, que percorrerá a vila ás 20 horas. Como dixemos, as celebracións do Xoves Santo introducirán unha das principais novidades da Semana Santa de Noia: a estrea do Paso do Neno Xesús da Paixón, formado por rapaces e rapazas de entre 4 e 10 anos.

O venres 18 de abril, Venres Santo, a axenda abrirase pola mañá (sobre as 10.30 horas) co Santo Encontro no Curro e proseguirá polo serán co Desencravo e a Procesión do Santo Enterro e a Soidade, a partir das 20 horas.

O sábado 19 de abril levarase a cabo a Vixilia Pascual. A data de peche da Semana Santa noiesa será o domingo 20 de abril, Domingo de Pascua, na que se celebrará unha última procesión, a do Resucitado, sobre as 11.00 horas, con saída da capela de Santo Bernardo e chegada a San Martiño. Posteriormente celebrarase a Misa de Pascua.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.