A Deputación entrega na IV Gala de Cultura os premios aos 14 gañadores dos certames culturais 2024

10 Abril 2025

O Teatro Colón acolleu na tarde deste 10 de abril a IV Gala da Cultura da Deputación da Coruña, unha cita que converteu o escenario nun espello da riqueza cultural de Galicia, mesturando raíces tradicionais con visións contemporáneas. A reivindicación do patrimonio cultural galego como ferramenta de futuro foi protagonista dunha gala conducida pola xornalista Susana Pedreira, coas actuacións de Alana e Fran Sieira (coreógrafo e bailarín de Ribeira), e na que encabezaron a representación da corporación provincial a titular de Cultura, Natividade González, e o presidente, Valentín González Formoso. Acompañáronos na entrega de galardóns ás persoas e asociacións gañadoras dos premios convocados polo departamento provincial de Cultura en 2024 o vicepresidente, Xosé Regueira, e outros membros da corporación provincial.

Os premiados

As persoas e representantes dos proxectos premiados nos certames culturais de 2024 que pasaron polo escenario do Colón para recoller os seus galardóns, unha peza da escultora Soledad Penalta, son os seguintes:

·      Torrente Ballester de narrativa: Loli Rodríguez (en lingua galega) e Jose Antonio Bonet (en lingua castelá).

·      Castelao de banda deseñada: Sandra López (modalidade xeral) e Laura Suárez (modalidade LIX).

·      Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil: Érica Esmorís (modalidade infantil) e Rosa Aneiros (modalidade xuvenil).

·      González Garcés de poesía: Gonzalo Hermo.

·      Antonio Fraguas de artesanía: Borja Canedo (modalidade tradicional) e Ezequiel Franchi (modalidade contemporánea).

·      Fran Pérez ‘Narf’ de música: Carabela.

·      Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero: María Encarnación Otero (premio á traxectoria) e Asociación Andar cos tempos (premio á iniciativa).

·      Jesús Núñez de arte gráfica: Jose Andrés Santiago.

·      Luís Ksado de fotografía: Vicente Fraga.

A gala comezaba coa benvida da deputada Natividade González, que reivindicou a cultura como “o alento que nos permite mirar o mundo con empatía, valentía e alegría”, e destacou a forza dun país “talentoso, orgulloso e moi vivo” que atopa na creación artística “a arma máis poderosa; unha ferramenta de liberdade e xustiza”. O novo tradi non é unha moda, é memoria viva, é a nosa identidade reinventada”, afirmou, en referencia ao fío condutor da gala, centrado na reinterpretación contemporánea das tradicións galegas.

Pechaba a gala o presidente, Valentín González Formoso, que subliñou o papel da Deputación como “motor cultural da provincia”. E engadiu: “A nosa ambición é facer a cultura accesible a toda a cidadanía, a todos os concellos, con ferramentas tan potentes como a Rede Cultural, que cada ano programa máis de 2.200 espectáculos nos 93 municipios coruñeses, ou co apoio que prestamos ás bibliotecas e ás escolas de música e danza dos municipios máis pequenos, nas que se forman centos de rapaces e rapazas, máis tamén apoiando decididamente aos nosos creadores con premios como estes que recoñecen o talento, a creatividade e o esforzo”, afirmou.

Encaixe de Camariñas

O encaixe de Camariñas foi outro dos protagonistas, como símbolo desa reinterpretación da tradición presente en toda a gala. Vestiu a presentadora –que levou un traxe firma de José Mateos – e todos os elementos gráficos, inspirados nas formas do encaixe, nunha instalación que no escenario dialogou coa peza audiovisual que Nela Fraga creou a partir de imaxes do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego. Os músicos de Alana levaron un deseño de La Mapache creado para a ocasión, inspirado tamén no “novo tradi”. Antes, artesás da Mostra do Encaixe de Camariñas palillaron no vestíbulo. De volta ao escenario, Alana puxo a música e a compañía de Fran Sieira, a danza, que tamén se gozou desde a platea, onde os bailaríns e as bailarinas se mesturaron co público.

Outros artigos

Este venres comeza a edición 2026 das Festas da Guadalupe

Chegou o día para o inicio das Festas da Guadalupe de Rianxo, edición 2026, organizadas un ano máis pola Asociación A Moreniña en colaboración co Concello. A troula comeza este venres 11 de setembro cunha Noite Retro e estenderase até o 18, tamén venres, conformando...

+

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.