A Deputación da Coruña edita un libro sobre Isaac Díaz Pardo en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes

02 Abril 2025

A Deputación da Coruña, en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes, vén de editar un libro dedicado á figura de Isaac Díaz Pardo, publicación que coincide coa conmemoración do Día das Artes Galegas 2025, que este ano está dedicado ao artista, intelectual e empresario.

A institución provincial lembra que Díaz Pardo foi bolseiro da Deputación da Coruña nos seus anos de formación e que destacou ao longo da súa traxectoria “pola súa contribución á recuperación e modernización das artes plásticas e a industria cultural en Galicia”.

O seu labor abrangueu “dende a pintura e o deseño ata a cerámica, sendo un dos grandes impulsores da Fábrica de Sargadelos e do Laboratorio de Formas, proxectos que combinaban innovación, memoria histórica e identidade cultural”, destaca a entidade provincial.

A nova publicación recolle o emotivo discurso pronunciado onte no Teatro Principal de Compostela por Xosé Díaz Arias de Castro, fillo do artista, durante o acto institucional de celebración do Día das Artes Galegas baixo o título Isaac Díaz Pardo ou as formas que xorden da memoria.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou o vínculo de Díaz Pardo coa institución provincial que lle outorgou a súa primeira bolsa que lle permitiu completar a súa formación na prestixiosa Escola de Belas Artes de San Fernando, en Madrid. “Algo que nos enche de orgullo e que seguimos facendo hoxe para apoiar ás mozas e mozos da provincia que comezan as súas carreiras artísticas”.

Formoso destaca no prólogo do libro a importancia de poñer en valor a traxectoria de Díaz Pardo, “que foi moito máis que un artista, foi un humanista comprometido co seu tempo, un intelectual que fixo da súa obra un vínculo para a memoria, a identidade e o progreso económico e cultural do noso país. Con esta publicación queremos renderlle unha merecida homenaxe”, apuntou o presidente provincial.

O libro estará dispoñíbel para o público a través das canles institucionais da Real Academia Galega de Belas Artes. A Deputación distribuirá exemplares ás bibliotecas municipais da provincia, facilitando o acceso a un legado fundamental para a historia recente de Galicia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...