A conselleira de Medio Rural visita o albergue da Chaínza en Noia, que está cada vez máis preto de abrir as súas portas

23 Abril 2025

Xa queda menos para que os peregrinos e peregrinas que escollen o Camiño da Ría Muros-Noia poidan descansar no novo albergue da Chaínza, en Noia. Así o confirmaron o Concello e máis a Xunta este 23 de de abril, no transcurso dunha visita institucional á antiga curtidoría da familia Cadarso, agora convertido en establecemento para peregrinos e viaxeiros, da conselleira de Medio Rural, María José Gómez, a directora xeral Paz Rodríguez e a delegada territorial Belén do Campo, acompañadas do alcalde Santiago Freire e de parte do seu equipo de Goberno, por exemplo a edil Laura Salgado.

O Concello definiu o inmóbel rehabilitado como “un espazo con encanto” que suma, dinamiza e pon en valor o noso patrimonio e o potencial do Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia.

O novo albergue, para quen non o saiba, é unha antiga fábrica de curtidos do século XVIII rehabilitada a través do un proxecto impulsado polo Concello e a Xunta, grazas á intervención LEADER da Consellería do Medio Rural que destinou 200.000€ a esta actuación.

Durante o seu percorrido polo establecemento hostaleiro a conselleira salientou a importancia do programa LEADER, que “ten como obxectivo impulsar o desenvolvemento rural a través dunha estratexia participativa, baseada nun enfoque de abaixo cara arriba, garantindo a participación activa dos principais axentes locais nestas políticas”. Esta intervención, dixo, “ten repercusións especialmente positivas no tecido socioeconómico das contornas rurais, xa que contribúe a mellorar as condicións para crear e manter emprego no rural; así como a fixar poboación”.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...