A ARE reivindica cun premio de 100 euros o comercio rianxeiro no Día da Nai

29 Abril 2025

A patronal rianxeira (Asociación de Empresarios de Rianxo, ARE) vai celebrar o Día da Nai cunha nova campaña dirixida a promover as compras locais e recompensar a fidelidade da veciñanza que aposte polos comercios da súa vila e do seu concello. A través desta campaña sortearanse 100 euros para gastar no comercio rianxeiro.

Do 28 de abril ao 6 de maio, por cada compra de 10 € ou máis nun dos negocios asociados á ARE, as persoas participantes entrarán no sorteo dun vale de compra de 100 € para seguir mercando no comercio local de Rianxo.

Como participar?

1. Facendo as nosas compras nalgún negocio asociado.

2. Escaneando o QR do cartel e rexistrando os tíckets de compra (de 10 ou máis €).

Podemos rexistrar tantos tíckets como queiramos (cada tícket é unha nova oportunidade para gañar).

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.