Venres 7, unha fronte activa traerá chuvias intensas e vento forte

06 Marzo 2025

Galicia quedará baixo a influencia dunha fronte activa asociada a unha baixa situada ao oeste da Comunidade. A borrasca de nome Jana traerá un incremento da nubosidade, con chuvias durante a mañá na comarca e zona oeste, que se intensificarán e se estenderán progresivamente de sur a norte ao longo da tarde.

As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do sur, con intensidade forte durante o paso da fronte, sendo especialmente intensos no litoral e en zonas altas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e á noite e do sur á tarde, forza 5 a 7 á mañá e á noite e 6 a 8 á tarde. Media vaga á mañá e á noite e vaga á tarde. Visibilidade regular á mañá e á noite e mala á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e 3 a 4 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Padrón fártase do lixo do mercado dominical

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou este xoves 22 de maio a intención do Goberno local de someter á consideración do pleno a actualización da taxa por ocupación da vía pública. “Padrón non pode seguir tolerando o abandono de lixo na vía pública por parte de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.