UFD inviste 160.000 euros en obras de mellora da calidade da subministración eléctrica en Outes

06 Marzo 2025

Naturgy fixo balance da súa actividade recente no concello de Outes, onde, a través da súa distribuidora UFD, investiu 160.000 euros para a mellora da subministración eléctrica no lugar de Áspera, na parroquia de Roo. A actuación permitiu reforzar a infraestrutura eléctrica e mellorar a calidade da subministración aos veciños da zona, segundo informou Naturgy.

O proxecto consistiu na execución dunha nova Liña de Media Tensión subterránea de 360 metros, que ten a súa orixe nun reconectador telecontrolado de última xeración e finaliza nun novo centro de transformación cunha potencia de 100 KVA. Ademais, habilitáronse dúas novas saídas de Baixa Tensión, adecuando a rede existente para optimizar a distribución de enerxía.

A compañía inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministro de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución, especialmente en zonas rurais, “contribuíndo así ao desenvolvemento económico destes territorios e á mellora das súas condicións de vida”.

Para o delegado de UFD na provincia da Coruña, Emilio Castro, “as actuacións realizadas en Áspera permitirán unha xestión máis eficiente e unha resposta máis rápida ante posíbeis incidencias, mellorando así a calidade da subministración aos clientes da parroquia”

UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, xestiona na provincia da Coruña preto de 24.500 quilómetros de rede de baixa e media tensión, preto de 10.300 centros de transformación e dá servizo a 731.000 puntos de subministración. En Galicia, dá servizo a case 1,6 millóns de puntos de subministración en 286 municipios das catro provincias galegas, a través dunha rede de máis de 61.000 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión.

A distribuidora eléctrica investiu 206 millóns en 2024 na dixitalización e mellora da súa rede e infraestruturas en Galicia. Só nos últimos cinco anos, o investimento de UFD alcanzou os 800 millóns de euros para reforzar as súas infraestruturas en Galicia, co foco posto na mellora da calidade de servizo aos seus clientes.

Estes investimentos centráronse en innovación e aplicación de novas tecnoloxías para avanzar na telemedida e telexestión dos puntos de subministro, no telecontrol e a sensórica das redes, así como no fortalecemento das infraestruturas, co obxectivo de integrar o incremento da xeración renovábeis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.