
Unión de Cidadáns Independentes emitiu un comunicado no que reclama ás administracións implicadas, Xunta e deputacións provinciais, máis medios e persoal para os bombeiros de Galicia. Entre as peticións, están as que demandan os propios bombeiros, maior dotación de medios técnicos e de recursos humanos, así como unha mellora das condicións laborais. José Luis Calo, responsábel da agrupación, sinala que “non entendemos os porqués de que os políticos non queiran resolver o problema, neste caso o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva. Ás malas condicións laborais, a falta de persoal e de recursos que lles fan traballar con moito máis risco, hai que darlles unha urxente solución”, sinalou.
Esta semana os bombeiros celebraron o seu patrón, San Xoán de Deus, neste caso, cun acto institucional no parque compostelán ao que asistiron a alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín; e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, entre outras autoridades. UCIN Galicia criticou que na cita achegáronse novamente promesas que van máis aló das súas posibilidades reais. Os bombeiros, lembran dende a agrupación, levan máis de 20 anos demandado instalacións “propias e modernas” e a incorporación de máis camións, ao que que se suman a falta de persoal e de recursos. “Temos que valorar un gremio no que se xogan a vida en cada incendio ou accidente, ou no seu servizo diario a unha cidade, localidade ou provincia”, sinalan.




