Teatro Calavera leva “Chocolate” ao Centro Social de Abanqueiro (este venres ás 20h)

11 Marzo 2025

O Centro Social de Abanqueiro acolle este venres 14 de marzo o espectáculo Chocolate, a cargo de Teatro Calavera. A función, programada para as 20.00 horas, é unha proposta para público infantil e familiar. A venda de entradas está fixada dende unha hora antes do inicio da función.

Chocolate de Teatro Calavera cóntanos a historia do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, que a medida que contan historias lembran ao público o divertido que é cociñar entre amigos, superarse xuntos e e atreverse a afrontar novos retos. Tomasa relata como gañaron o premio Máster Comellón grazas á súa orixinal receita Brocheta de froitas da casa recuberta de chocolate fondue.

Esta actividade mestura narración oral coa posta en escena teatral. Ademais, na segunda parte desenvólvese o obradoiro de cociña Brochetas de froitas con chocolate fondue co cal se procura a participación dos cativos.

Outros artigos

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.