Taragoña celebra este 15 de marzo o seu Entroido adiado dende o pasado sábado

11 Marzo 2025

Finalmente e logo de terse adiado a festa fixada para o 8 de marzo por mor do mal tempo, o Campo de Pazos de Taragoña (Rianxo) vai ser o escenario este sábado 15 de marzo, a partir das 16.30 horas, da celebración do Entroido 2025 de Taragoña.

A axenda inclúe inchábeis, obradoiros, xogos, desfiles, concurso de carrozas (premios aos tres mellores), unha gran verbena do Entroido, concursos, actuacións musicais e sesións DJ. Organiza a Asociación Cultural Campo Maneiro – Comisión de Festas de Taragoña.

O programa comezará ás 17.00 horas na carpa habilitada no Campo de Pazos. O desfile de carrozas, que inclúe premios en metálico para as tres mellores, dará comezo á devandita hora (logo da concentración de carrozas no adro da igrexa ás 16.30 horas) coa saída da comitiva entroideira até o Campo de Pazos. A vertente musical correrá a cargo de Estróupele e Lusco & Fusco.

Polo serán, ás 20.00 horas, comezará o concurso Tara-GotTalent, presentado por Román Castaño e cun xurado de luxo, no que cada participante deberá mostrar o seu talento máis oculto e optar ao premio de até 300 euros.

Pola noite haberá verbena da man de Fussion & Curi e Soundivan.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.