SEA adxudica unha parcela de 600 metros cadrados no parque empresarial de Muros

20 Marzo 2025

SEA, Solo Empresarial do Atlántico, celebrou na mañá deste 20 de marzo un consello de administración no que participaron o secretario xeral da Delegación do Goberno en Galicia, Alberto de la Fuente; a conselleira e directora económica financeira de SEPES, Belén Medina; o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Xunta de Galicia; Nicolás Vázquez; e a xerente de SEA, Beatriz Sestayo. No transcurso deste consello de administración adxudicáronse oito parcelas en catro parques empresariais: cinco na Laracha, e unha en cada un dos polígonos de Vimianzo, Muros e Chantada. No caso de Muros, David Lestón Iglesias obtén, no parque empresarial muradán, unha parcela de 660 metros cadrados.

Na sesión tamén se destacou “a alta capacidade de autofinanciamento de SEA”, xa que o exercicio lanzou un novo resultado positivo ( 319 057,06 €) e ademais desenvolveuse “con perfecta execución da planificación orzada con anterioridade”, sinalou a xerente da entidade, engadindo que “fixemos fronte ás actuacións previstas, pero estas contas permitirannos acometer outras operacións durante 2025”.

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.