Rois festexa o poder da literatura cun contacontos e cun obradoiro de bonecos de trapo (programa “Abril, mes dos libros”)

28 Marzo 2025

/Rois envorcarase un ano máis coa celebración do Día do Libro (o vindeiro mércores 23 de abril) e, ademais de adicar todo o mes ao fomento da lectura, convida ás familias a participar en dúas accións que teñen como fío condutor o respecto e a diversidade e que se desenvolverán o propio 23 de abril e o venres 2 de maio no multiusos.

O Día do Libro, mércores 23 de abril, nenas e nenos poderán merendar xuntos; desfrutar dunha solta de libros nos caixóns da biblioteca, levando para a casa de balde aqueles títulos que máis lles presten; e desfrutar do espectáculo As peripecias de Xurxo, un contacontos dirixido a público a partir dos 4 anos que combina comedia de actor e monicreques. Da man de Jouse García, integrante de Malasombra Teatro, as persoas asistentes poderán coñecer a Xurxo, un home que sofre acoso na súa escola de señoras e señores e que, namorado dos libros e dos contos, contaranos a historia que cambiou a súa vida. O espectáculo comeza ás 18.00 horas.

A proposta do venres 2 de maio é o obradoiro O faiado de Nin, un taller no que cada participante terá a oportunidade de dar vida a unha personaxe de trapo, personalizándoa ao seu gusto. Partindo de bonecos “en branco”, cada nena e neno poderá poñerlle pelo de la ou tea de peluche, pintarlle a cara e confeccionarlle roupa con retallos de tea e feltro, demostrando que os bonecos non son só cousa de nenas. Este obradoiro, programado para as 18.00 horas, está dirixido a familias (un/ha neno/a na compaña dunha persoa adulta).

Tanto as actividades do 23 de abril como o obradoiro do 2 de maio teñen prazas limitadas. As inscricións estarán abertas entre o venres 4 de abril e o venres 28 de abril e poderán formalizarse fisicamente na Biblioteca de Rois no edificio multiusos, por teléfono chamando ao 981 816 601 ou por correo electrónico escribindo a inscricions@rois.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...