Ribeira xa conta cunha oficina Es.Mar, que dará servizo a nove concellos do Barbanza e da Costa da Morte

13 Marzo 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, xunto o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, os rexedores de A Pobra, José Carlos Vidal Suárez e de Outes, Francisco Calo e o concelleiro de Mar de Ribeira, Fernando Abraldes e os patróns maiores dos diferentes pósitos da comarca inauguraron este xoves en Ribeira a sexta das sete oficinas Es.Mar Economía Azul de Galicia, que o Goberno galego está a despregar por todo o litoral da comunidade,

Con esta nova oficina que vén a ser a sexta das sete que hai distribuidas polo territorio galego, Ribeira súmase ás de Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo, A Coruña, Viveiro e outra en Santiago que centraliza ás do litoral. A Xunta inviste máis de 1,8 millóns de euros na súa posta en funcionamento. O conselleiro do Mar manifestou que o obxectivo é “que temos que asesorar á xente para que sepan que hai un diñeiro do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) que son 365 millóns que ten asignados Galicia e que temos que emplealo ao 100 %”. O principal traballo destas oficinas será o asesoramento e “texer unha rede de informadores”. Este grupo de asesoramento complementa aos GALP que son unhas entidades colaborativas da consellería do Mar que xestionan fondos europeos ademais de asesorar ás entidades.

Segundo destacaron dende o Concello esta iniciativa é positiva para facilitar que os fondos europeos cheguen directamente á economía real e ao propio sector marítimo-pesqueiro. 

Pérez Barral indicou que “o importante é que estes recursos beneficien aos pequenos autónomos e traballadores do mar, que son quen sustentan o noso tecido produtivo,”. Cómpre salientar que durante o período 2014-2021 deixáronse sen executar 109 millóns de euros do FEMPA. Ademais, segundo o Consello de Contas, en 2022 a taxa de execución dos 90 millóns dispoñibles para ese ano non chegou ao 50%.

Afondando na xestión dos recursos europeos, Pérez Barral subliñou que agarda que se poidan inxectar fondos directamente no sector do mar para potencialo e axudalo xa que para o período 2021-2027 a Xunta conta con 365 millóns de euros. “É necesario apoiar o sector do mar e analizar o descenso da produción na ría de Arousa para reactivar a actividade deste sector fundamental para o país e máis concretamente para Ribeira” concluíu.

Pola súa banda o Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, salientou que esta é a sexta das sete oficinas Es.Mar Economía Azul de Galicia, que o Goberno galego está a despregar por todo o litoral da comunidade, destinadas a axudar ao conxunto da cadea mar-industria a sacar o máximo aproveitamento dos recursos do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

Segundo fixo saber o conselleiro, as dependencias ribeirenses serán o centro neurálxico do apoio que prestarán á area de influencia formada por outros nove concellos: Carnota, Cee, Muros, Noia, Rianxo, Boiro, Pobra do Caramiñal, Outes e Porto do Son. Neste senso, Villares lembrou a relevancia do peirao de Ribeira, que “destaca pola súa proxección internacional como o principal porto de baixura en toda Europa”.

O conselleiro estivo acompañado por moitas/os dos alcaldes e/ou representantes dos ditos concellos, entre os que se atopaban o da Pobra, José Carlos Vidal, ou o de Outes, Francisco Calo, ademais dos patróns maiores das confrarías da contorna.

Villares engadiu que o novo servizo funcionará “como catalizador dos proxectos do sector marítimo-pesqueiro desta zona costeira, de cara a aumentar a competitividade empresarial, a modernización e a transformación da actividade que leva aparellada, así como a internacionalización e a eficiencia operativa”; o que repercutirá, explicou Villares, “nun incremento das comunidades costeiras locais, na creación de emprego e, por tanto, nun aumento do PIB de Galicia”.

A oficina da Ribeira, ao igual as outras seis, conta cun equipo especializado para rendibilizar as axudas ao abeiro do FEMPA, incrementando a súa visibilidade e divulgación, acceso ás mesmas e estreitando os lazos coas empresas e entidades adscritas ao sector pesqueiro. Baixo a supervisión de expertos na materia, nela desenvolveranse de forma paralela ao asesoramento, obradoiros ou actividades de formación tanto presenciais, como de forma telemática.

Os seminarios xirarán ao redor das seguinte temática: comercio electrónico, relevo xeracional, dixitalización do sector, emprendemento e mellora dos negocios existentes, optimización financieira e mellora da xestión empresarial. En definitiva, porá a disposición dos profesionais do mar as estratexias necesarias para garantir a viabilidade da súa actividade dende a perspectiva que rexe a economía azul e a de todos os axentes que nela operan. Esta oficina súmase as de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ferrol, A Coruña e nos vindeiros días a de Viveiro, abarcando así o conxunto do litoral galego. A Xunta inviste máis de 1,8 millóns de euros na súa posta en funcionamento.

Esta rede forma parte do paquete de medidas posto en marcha polo Goberno galego para acadar un maior aproveitamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. Entre elas tamén destacan accións como a ampliación dos recursos humanos, reprogramacións das medidas ou a simplificación das convocatorias, coas cales mitigar os obstáculos aos que se enfronta a pesca galega á hora de acceder a estes recursos debido á lexislación complexa e confusa do fondo que deriva nun atraso xeneralizado da tramitación e a incoherencia entre os prazos temporais administrativos cos biolóxicos e operativos do sector.

A comunidade ten asignados 4 de cada 10 euros destinados ás autonomías (41,3%), o que supón máis de 366 millóns de euros. Séguelle, con 366,2 M€, Canarias; con 88 M€ o País Vasco; con 83,2 M€; e, finalmente, Cataluña con 55,7 millóns. A repartición da dotación financeira do FEMPA entre as comunidades autónomas españolas acordárase na Conferencia Sectorial de Pesca celebrada en xullo do ano 2021, como segue: 49,1% para a pesca, 37,6% para a acuicultura, a transformación e a comercialización, 10% para o desenvolvemento local participativo e o 3,3% restante para a gobernanza internacional dos océanos e asegurar uns mares e océanos seguros, protexidos, limpos e xestionados de xeito sostíbel.

Axudas GALP 2025

Alfonso Villares tamén recordou que os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia, dependentes da Consellería do Mar, entre os que se atopa o da ría de Arousa, tamén xogan un papel destacado na distribución das axudas con financiamento comunitario para apoio a proxectos cun importante nas poboacións costeiras. Deste xeito, sinalou que a Consellería do Mar xa levou ao Consello da Xunta as axudas, de carácter plurianual, correspondentes ao exercicio en curso. Están dotadas 14,6 M€, que se distribúen do seguinte xeito: 2025 (6,35 M€), 2026 (4,45 M€) e 2027 (3,81 M€).

Estas entidades agrupan a 409 organización locais das cales 97 pertencen ao sector pesqueiro que representan a máis de 13.000 traballadores. No último exercicio orzamentario consolidouse o investimento realizado no ano 2024 (+60% respecto ao ano 2023), cun importe que se mantén na contorna dos 20,5 M€. Foi un dos programas máis potentes do proxecto do exercicio pasado, e ten no presente a mesma relevancia.

Luís Pérez Barral e Fernando Abraldes destacan o potencial da iniciativa para aproximar os fondos europeos ao sector

Na presentación participaron o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, que destacaron que esta iniciativa “é positiva para facilitar que os fondos europeos cheguen directamente á economía real e ao propio sector marítimo-pesqueiro”.

Engadiron que “o importante é que estes recursos beneficien aos pequenos autónomos e traballadores do mar, que son quen sustentan o noso tecido produtivo, cómpre salientar que durante o período 2014-2021 deixáronse sen executar 109 millóns de euros do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e, ademais, segundo o Consello de Contas, en 2022 a taxa de execución dos 90 millóns dispoñíbeis para ese ano non chegou ao 50%”.

Afondando na xestión dos recursos europeos, Pérez Barral subliñou que agarda que se poidan inxectar fondos directamente no sector do mar para potencialo e axudalo xa que para o período 2021-2027 a Xunta conta con 366 millóns de euros. “É necesario apoiar o sector do mar e analizar o descenso da produción na ría de Arousa para reactivar a actividade deste sector fundamental para o país e máis concretamente para Ribeira” concluíu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.