Retirada de postes, cables, árbores e estruturas metálicas na Pobra, Palmeira e Castiñeiras por efecto de Mar

20 Marzo 2025

O temporal Martinho azouta a nosa terra con forza e as consecuencias xa se deixan notar dende onte. Por exemplo na Pobra do Caramiñal, onde os bombeiros do Parque Provincial de Ribeira interviñeron ao redor das 18:15 horas de onte, mércores 19 de marzo, na retirada dun poste e cables de teléfono que foran derribados por un vehículo pesado e que entorpecían o tráfico rodado na intersección das rúas Alexandre Bóveda e Rafael Dieste, no concello da Pobra do Caramiñal. Os bombeiros procederon a levantar os cables, retirar o poste de madeira e a sinalizar con cinta o lugar no que caera, quedando a estrada aberta ao tráfico de novo. Completou o operativo a Policía Local da Pobra do Caramiñal.

Por outra banda, os bombeiros do Parque Provincial de Ribeira foron alertados na mañá deste 20 de marzo pola caída dunha árbore que interrompía na AC-305, en Palmeira, no concello de Ribeira. Os bombeiros provinciais encargáronse de retirar a árbore da vía.

Ademais de todos os operativos devanditos, os bombeiros do Parque Provincial de Ribeira tamén tiveron que participar na mañá deste xoves 20 de marzo na retirada dunha estrutura metálica con risco de caer á rúa en Castiñeiras, no concello de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.