Portos de Galicia aborda coa confraría de Muros as necesidades dos usuarios do recinto portuario

26 Marzo 2025

Portos de Galicia mantén unha intensa axenda de encontros coas entidades pesqueiras e concesionarios das instalacións portuarias autonómicas co obxectivo de abordar as necesidades actuais e traballar no deseño de solucións eficaces.

Neste marco, o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, reuniuse co patrón maior, Daniel Formoso, e co secretario da Confraría de Pescadores de Muros, José Antonio Rama, para analizar a situación actual do porto desta vila coruñesa.

O presidente de Portos destacou a importancia da colaboración entre a entidade pública e a confraría para mellorar a xestión da infraestrutura portuaria e asegurou a súa disposición para atender as necesidades dos usuarios co obxectivo de reforzar a actividade no peirao. Ademais, trasladou o agradecemento da confraría á Garda Civil pola detención dos responsables do roubo de nasas a profesionais do sector no recinto portuario.

Finalmente, Álvarez subliñou a importancia da colaboración cidadá para garantir a seguridade nas instalacións portuarias e evitar incidencias que afecten ao sector pesqueiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.