Pedro Blanco enxalza o compromiso de CONGALSA coa innovación, a responsabilidade social e o medio ambiente

31 Marzo 2025

O presidente de CONGALSA, Luis Miguel Simarro, e a directora xeral da empresa, Noela Prieto, recibiron este 31 de marzo, nas instalacións da empresa alimentaria da Pobra do Caramiñal (no Polígono da Tomada) ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e á subdelegada do Goberno, María Rivas, que visitaron a sede da compañía nun encontro institucional que pon en valor o papel da empresa como referente no sector alimentario e no desenvolvemento económico da comarca do Barbanza.

O encontro incluíu a sinatura no libro de honra da compañía, un percorrido polas distintas áreas produtivas e unha reunión de traballo na que se abordaron asuntos de interese común vencellados ao desenvolvemento industrial.

Durante a xornada, o delegado do Gobierno tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o modelo de produción de CONGALSA, a súa aposta pola innovación, a sustentabilidade e a internacionalización, así como os proxectos estratéxicos en marcha.

“Para nós é unha honra recibir ao delegado do Goberno e poder compartir con el o noso traballo diario, os nosos valores e os nosos retos de futuro”, destacou Luis Miguel Simarro, presidente de CONGALSA, engadindo que “somos unha empresa firmemente comprometida con Galicia, coa creación de emprego de calidade e co desenvolvemento dun modelo industrial respectuoso co medio ambiente e innovador”.

Pola súa banda, o delegado do Gobierno puxo á empresa de Barbanza como exemplo da experiencia, coñecemento e capacidade innovadora da industria transformadora do mar en Galicia. “CONGALSA leva moito tempo facendo as cousas ben, apostando por un modelo de calidade xerador de riqueza e que proxecta os nosos alimentos por todo o mundo”, asegurou durante a súa estadía na empresa da Pobra, no transcurso da cal trasladou aos responsábeis da firma o compromiso do Goberno e do ministro Luís Planas de “seguir traballando na promoción dos produtos do mar para elevar o consumo entre a cidadanía”.

Doutra banda, o delegado destacou o apoio do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ao conxunto do sector agroalimentario en Galicia e o impacto dos PERTES do Plan de Recuperación “que están a permitir mellorar a competitividade, a rendibilidade e a sustentabilidade das nosas empresas”. Deste xeito, animou ao tecido empresarial galego a presentar os seus proxectos innovadores e “aproveitar a oportunidade histórica que ofrecen estes fondos do Executivo español para responder, xuntos, aos retos actuais e futuros da industria pesqueira”.

A visita institucional reforza o papel de CONGALSA como unha das compañías líderes do sector da alimentación conxelada en España e unha firme vocación de crecemento responsábel.

Outros artigos

Mércores 16, marcado descenso térmico en Galicia

A comunidade quedará baixo unha circulación de vento do nordés que deixará máximas baixas para a época do ano. Galicia atoparase este mércores nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, marcada pola entrada dunha circulación de vento do nordés....

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.